Saltar ao contido

France Football

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

France Football
Tipoprensa deportiva
Fundación1946
PropietarioGroupe Amaury
DirectorLaurent Prud'homme
EditorialGroupe Amaury
Linguafrancés
Periodicidademensual
Prezo4,30 €
ISSN0015-9557
Na rede
https://www.francefootball.fr/
Twitter: francefootball Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

France Football é unha revista semanal francesa que publica noticias de fútbol de todo o mundo. Está considerada como unha das publicacións deportivas máis reputadas de Europa, principalmente polas súas reportaxes fotográficas, as súas exclusivas entrevistas en profundidade, as súas detalladas estatísticas sobre partidos da Liga de Campións da UEFA e a ampla cobertura das ligas europeas. A revista publicouse por primeira vez en 1946 e ten a súa sede en París.[1] Dende 1956 entrega o Balón de Ouro ao mellor futbolista do ano.

Entre 1956 e 2009, France Football entregou ao mellor xogador de Europa o Balón de Ouro, a miúdo coñecido como o premio ao Futbolista Europeo do Ano. Trala fusión do premio co FIFA World Player en 2010, a revista outorgou o Balón de Ouro da FIFA ao mellor xogador do mundo en colaboración coa FIFA, ata 2016, cando retomou a propiedade total do trofeo.[2] Desde 1959, France Football tamén elixe o Xogador Francés do Ano [3] e entre 1968 e 1990 entregou o premio ao mellor club de Europa.

Premios entregados por France Football

[editar | editar a fonte]

En 2020, tamén entregou o Dream Team do Balón de Ouro.[4]

  1. Horn, Pierre L. (1991). Handbook of French Popular Culture. Greenwood Publishing Group. p. 286. ISBN 978-0-313-26121-3. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  2. "The FIFA Ballon d'Or is born". FIFA (en inglés). 5 July 2010. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2010. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  3. "France - Footballer of the Year". rsssf.com (en inglés). 18 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  4. "France Football presents the Ballon d'Or Dream Team". Marca (en inglés). 15 de outubro de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]